CRTVG

Buscar

O PSOE di que a súa prioridade é evitar novas eleccións

Publicado o 29/07/2019 16:46

Segue a incerteza política tras a investidura frustrada de Pedro Sánchez. No PSOE din que a súa prioridade é evitar novas eleccións e que a iso se van dedicar os próximos días e semanas. Tras descartar o goberno de coalición con Unidas Podemos, din que explorarán outras vías posibles. E destacan a posibilidade dun goberno en solitario con apoio parlamentario doutras formacións de esquerda. Pero esa fórmula foi rexeitada por Podemos nas anteriores negociacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019