CRTVG

Buscar

O PSOE destaca a importancia de investir en ciencia para garantir o futuro dos mozos

Publicado o 14/04/2019 22:15

O Partido Socialista de Galicia estivo hoxe na cidade de Lugo. Alí, Gonzalo Caballero, que estivo acompañado polo ministro Pedro Duque, pediu o voto para Pedro Sánchez. Pedro Duque destacou a importancia de investir en ciencia para garantir o futuro dos mozos: "Non podemos tomar todo o tempo medidas políticas nas que gastemos o diñeiro para arranxar os problemas de hoxe, para que deixe de berrar a xente, hai outras moitas cousas que hai que facer no país".

Gonzalo Caballero na súa intervención fixo un chamamento á mobilización o 28 de abril: "Para darlles ás galegas e aos galegos un impulso de ilusión que referende e que dea unha maioría ampla a un goberno presidido por Pedro Sánchez".

O candidato do Partido Socialista, Pedro Sánchez, continúa nas illas Canarias explicando o proxecto dos socialistas se repite como presidente do Goberno. Hoxe nas Palmas asegurou que o PSOE é a única alternativa para avanzar e para acadar, dixo, un país con maior xustiza social.

Noticias web

14/04/2019