CRTVG

Buscar

O PSOE da Coruña reúnese con Marea tlántica tras pechar un acordo co BNG

Publicado o 19/06/2019 16:50

Na Coruña, socialistas e nacionalistas asinaban esta mañá un acordo de colaboración para este mandato. Din que recolle puntos de interese dos programas das dúas formacións para a cidade. Esta tarde o PSOE volve reunirse coa Marea, a quen lle reprocha que faga públicas as súas críticas, en pleno proceso de negociación.

"Na reunión desta tarde entre as comisións negociadoras, tanto do PSdeG como da Marea Atlántica, será o lugar de pedir concrecións ou facer as peticións que se consideren oportunas por parte dos dous grupos", dixo Inés Rey. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019