CRTVG

Buscar

O PSOE contactará esta tarde con Unidas Podemos para continuar coas negociacións

Publicado o 09/09/2019 15:01

Ningún contacto entre o PSOE e Unidas Podemos dende a reunión do xoves pasado. Os socialistas falan da hostilidade e da desconfianza de Podemos, a quen responsabilizan dunha eventual repetición das eleccións.

Tamén na sede de Podemos están agardando pola chamada dos socialistas, neste caso para negociar unha coalición.

E ante o bloqueo, o PNV cre que volveremos votar en novembro. Tamén o PP lle pide a Sánchez que evite unha repetición electoral, unha chamada á responsabilidade que comparte Ciudadanos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019