CRTVG

Buscar

O PSOE aumenta distancias sobre o PP, segundo o CIS

Publicado o 27/02/2020 15:18
O PSOE aumenta distancias sobre o PP, segundo o CIS

E novo barómetro do CIS. Conclúe que o PSOE aumenta a distancia sobre o PP, que perde apoios. Os socialistas lograrían case o 31 por cento dos votos, medio punto máis que no anterior estudo e doce por riba dos populares. Unidas Podemos e Vox manteñen un empate técnico na terceira posición e Ciudadanos recupera apoios.

O traballo de campo deste barómetro realizouse coincidindo coa reunión de Sánchez e Torra na Generalitat e nas datas en que transcendeu o encontro entre o ministro Ábalos e Delcy Rodríguez.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020