CRTVG

Buscar

A xestión da pandemia non pasa factura ao PSOE, que aumenta a súa vantaxe sobre o PP

Publicado o 17/06/2020 18:59
A xestión da pandemia non pasa factura ao PSOE, que aumenta a súa vantaxe sobre o PP

O PSOE aumenta a súa vantaxe sobre o PP ata os 11,2 puntos de distancia en estimación de voto, segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), en que Vox volve ser a terceira forza política. 

Na terceira enquisa elaborada polo CIS desde a declaración do estado de alarma, cuxo traballo de campo se levou a cabo entre o 1 e o 9 de xuño, o PSOE obtería un 31,2 por cento dos votos -unha décima máis ca en maio- mentres o PP baixaría tres décimas, ata o 20,0 por cento.

Vox volvería ao terceiro posto por diante de Unidas Podemos, cun 12,5 por cento en estimación de voto -1,2 puntos máis- mentres que o grupo liderado por Pablo Iglesias baixaría unha décima, ata o 11,4 por cento, en tanto que Cs rompería a serie ascendente das últimas enquisas, cae máis dun punto e queda no 9,4 por cento.