CRTVG

Buscar

O PSdeG urxe a Xunta a elaborar un plan de rescate para o sector naval de Vigo

Publicado o 07/07/2021 16:23

O PSdeG urxe a Xunta a poñer en marcha un plan de rescate para o sector naval de Vigo ante a falta de carga de traballo. Os socialistas din que xa se perderon máis de 1.500 postos de traballo eventuais e que a situación é agónica.

Martín Seco di que a Xunta ten que poñer encima da mesa un plan para salvar o sector e desenvolver un plan que garantice a actividade e o emprego nos asteleiros "e non debe tardar nin un minuto máis en facelo público".

Noticias web

07/07/2021