CRTVG

Buscar

O PSdeG ultima as candidaturas para as eleccións

Publicado o 27/02/2020 21:26
O PSdeG ultima as candidaturas para as eleccións

O Comité Nacional leva toda tarde reunido para pechar as listas. Xa transcendeu que van facer cambios con respecto ás propostas da executivas provincias feitas tras consultar a militancia.

O que está confirmado é que Noela Blanco non repetirá na candidatura de Ourense. Ela mesma nun comunicado di que acata a decisión e recorda que foi a candidata máis votada pola militancia en Ourense. Pero nin a dirección do PSdeG nin a executiva provincial decidiron incluíla na lista.

Tamén transcendeu que Patricia Vilán tampouco formará parte da lista de Pontevedra despois de oito anos no Parlamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020