O PSdeG quere apuntalar os seus gobernos intercambiando experiencias
Publicado o 04/07/2019 14:58
O PSdeG celebra esta fin de semana unha escola de verán en Santiago. Queren analizar e intercambiar ideas para apuntalar, din, os seus gobernos. "É a mellor estrutura para cambiar Galicia para ben, para incorporar todo o pensamento e as reflexións. Para ser un ámbito de diálogo coa sociedade civil e coas idades de progreso que non permitan enriquecer un proxecto de goberno", dixo Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.