CRTVG

Buscar

O PSdeG propón unha axencia de desenvolvemento rural

Publicado o 18/01/2020 14:51

O Partido Socialista propón a creación dunha axencia galega para o desenvolvemento rural e o reto demográfico se goberna a Xunta. Anunciouno o Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, durante unhas xornadas en Ourense sobre os retos aos que se enfronta a Galicia Rural. Puxo como exemplo a seguir o modelo escocés e afirmou que esta nova axencia, que dependerá directamente da presidencia da Xunta, será unha garantía de defensa do rural.
 

Noticias web

18/01/2020