CRTVG

Buscar

O PSdeG presenta os catro cabezas de lista

Publicado o 28/02/2020 21:16

O PSdeG xa ten oficialmente configuradas as candidaturas para as eleccións ao Parlamento de Galicia despois de que a Comisión Federal de listas lles dera o visto e prace.
Tras superar este último trámite, os catro cabezas de lista foron presentados esta tarde. Gonzalo Caballero di que son os mellores candidatos para conseguir un cambio de goberno na Xunta.

As listas foron aprobadas pola Comisión Nacional, introducindo modificacións sobre as propostas das executivas provinciais e da militancia O secretario dos socialistas galegos recordou que é competencia da dirección elaborar as candidaturas e que foron aprobadas, dixo Caballero, sen ningún voto en contra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2020