O PSdeG pídelle á Xunta un plan para garantir o emprego nas empresas afectadas polo incendio no Ceao
Publicado o 16/04/2021 20:07
O secretario xeral dos socialistas galegos visitou esta tarde as naves do polígono lugués do Ceao afectadas polo incendio. Gonzalo Caballero loou o gran labor realizado polos servizos de emerxencias e sinalou que o grupo socialista vai instar ao goberno galego a que se cree un plan de traballo que garanta o futuro das empresas afectadas e os postos de traballo.
"Téndolle a man ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Economía para que todas as iniciativas que se poidan levar a cabo para dar axilidade, para manter o emprego e para dar futuro ás empresas tan gravemente afectadas terán o apoio dos socialistas galegos en todas as administracións. Alí no Parlamento de Galicia é donde están as competencias", dixo Caballero.