CRTVG

Buscar

O PSdeG pídelle á Xunta un informe sobre as listas de espera en Atención Primaria

Publicado o 23/08/2021 14:34

O PSdeG pide a comparecencia do presidente da Xunta para explicar a situación das listas de espera nos centros de saúde durante estes meses e para falar do auto do TSXG sobre o pasaporte covid na hostalería.

"Cada semana que pasa a situación é peor. Ímoslle pedir ao Goberno da Xunta que faga un informe detallado de todas as listas de espera que hai na atención primaria das distintas áreas sanitarias de Galicia durante este verán. Que ensinene a situación tan grave que todos sabemos", explicou Gonzalo Caballero, secretario xeral dos socialistas galegos.

Noticias web

23/08/2021