CRTVG

Buscar

O PSdeG pídelle a Feijóo "altura de miras" na Deputación de Ourense

Publicado o 08/06/2019 14:42
O PSdeG pídelle a Feijóo "altura de miras" na Deputación de Ourense

O secretario xeral dos socialistas galegos comezaba a reunión da súa executiva en Santiago destacando que se abre unha "nova etapa" no ciclo político municipal" en Galicia, "liderada polo PSdeG".

"Fronte a ese estereotipo tan repetido de que Galicia é de dereitas, as urnas falaron para dicirlle á dereita e ao PP que a maioría social de Galicia é de progreso e está liderada polo Partido Socialista de Galicia", dixo Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Gonzalo Caballero avogou por "un pacto pola rexeneración política", "tamén na Deputación de Ourense", onde Ciudadanos "terá que retractarse", dixo, e onde lle pediu "altura de miras" ao presidente da Xunta.

"Pola rexeneración política do país, pola limpeza nas institucións, polo futuro de Ourense, polo futuro de Galicia, querémoslle dicir a Feijóo que teña altura de miras e a capacidade política de poñer fin á empresa familiar dos Baltar na Deputación de Ourense".

O líder dos socialistas galegos asegurou que Núñez Feijóo "puxo Galicia ao servizo do PP" e que "está xa na fin do seu ciclo político".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/06/2019