O PSdeG pide transparencia nos proxectos que presentará a Xunta para captar os fondos europeos de reconstrución
Publicado o 08/01/2021 14:56
Un apuntamento político máis. O PSdeG defende a repartición dos fondos europeos negociados por España para a reconstrución despois da pandemia, e pídelle á Xunta que aproveite a ocasión para reactivar Galicia. Reclaman máis información sobre os proxectos que se van presentar para captar ese cartos.
O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena di que "non sabemos nin en que consisten, máis alá de catro xeneralidades nin en base a que criterios se seleccionaron eses proxectos se é que existiu algún criterio. A sociedade galega ten que saber que está facendo a Xunta ante esta grande ocasión".