CRTVG

Buscar

O PSdeG pedirá a comparecencia de Feijóo para explicar "o nomeamento interesado" de Corina Porro

Publicado o 14/07/2019 12:26

O Partido Socialista solicitará, este luns, no Parlamento galego, que o presidente da Xunta de Galicia dea explicacións do nomeamento de Corina Porro como delegada do goberno autonómico en Vigo. Consideran que este cambio "interesado" mestura os intereses partidistas cos institucionais.

Xoaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG no Parlamento: "Imos impulsar, mañá, que os grupos da oposición solicitemos a convocatoria dunha deputación permanente, para que se produza unha comparecencia do presidente Feijóo, para dar conta destes cambios no organigrama da Xunta, pero fundalmente para explicar esta confusión interesada entre a política partidaria e a política institucional".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/07/2019