CRTVG

Buscar

O PSdeG ourensán elixe representantes para o Congreso Federal de Valencia

Publicado o 26/09/2021 19:08
O PSdeG ourensán elixe representantes para o Congreso Federal de Valencia

Os socialistas ourensáns elixen este domingo a súa representación no Congreso Federal de Valencia. Nas outras tres provincias galegas non é preciso celebrar unha votación, pero na ourensá non houbo consenso.

Hai dúas candidaturas: a de Francisco Fumega, que conta co aval da dirección galega e da provincial, e a de Noela Blanco, que lidera a corrente crítica co secretario xeral do PSOE ourensán, Rafael Rodríguez Villarino.

Noticias web

26/09/2021