O PSdeG levará ao Congreso do PSOE unha lista única de delegados por Pontevedra
Os socialistas galegos seguen adiante coa confección das listas de delegados que van ao Congreso do PSOE estatal, en outubro. O secretario xeral do PSdeG anunciou hoxe que pola provincia de Pontevedra presentarase unha única candidatura.
Vai estar encabezada por, Abel Caballero. Pechará a candidatura o propio Gonzalo Caballero, quen di que a lista de Pontevedra é ese exemplo de integración que deben seguir o resto das provincias galegas.
"O exemplo do que estamos facendo na provincia de Pontevedra o queremos tamén facer no resto das provincias de Galicia para levar unha voz de integración e unidade a un congreso federal en que todos estamos unidos en apoiar o proxecto federal de Pedro Sánchez", asegurou Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE.