CRTVG

Buscar

O PSdeG gobernará cinco cidades galegas e o BNG, unha

Publicado o 14/06/2019 20:03

Onde a incógnita da alcaldía leva 3 semanas despexada é en Vigo. Con 20 concelleiros socialistas sobre 27, Abel Caballero estrea este sábado o seu cuarto mandato. Noutras tres urbes, gobernará a segunda lista máis votada: na Coruña, os edís de Marea Atlántica e do BNG favorecerán as aspiracións da socialista Inés Rey.

Algo semellante pasará en Ferrol, onde o tamén socialista Ángel Mato fraguou un pacto de esquerdas que remata coas aspiracións do popular Rey Varela. Nas dúas cidades, a posible coalición negociarase despois da investidura.

En Lugo, o bipartito asinárono este xoves: Lara Méndez revalida alcaldía, desta volta en coalición co BNG de Rubén Arroxo. Mesma foto, pero cos actores cambiados en Pontevedra: no seu sexto mandato, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores compartirá responsabilidades co Partido Socialista. Na capital galega, non prosperou o bipartito que Xosé Sánchez Bugallo lle ofreceu ao BNG, aínda que iso non impedirá que o socialista volva ao asento que xa ocupou durante 12 anos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2019