CRTVG

Buscar

O PSdeG fala de resultados históricos ao converterse en primeira forza en Galicia

Publicado o 29/04/2019 14:46

O PSdeG cualifica de históricos os resultados das eleccións. Con dez escanos, convértese en primeira forza política en Galicia. O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, cre que comeza un cambio estrutural que pecha o ciclo do PP. 

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "Onte empezouse a escribir a fin da etapa Feijóo en Galicia. O trompazo electoral do PP en Galicia deixou a Feijóo fóra de combate non sabía como reaccionar porque o triunfo socialista é un novo tempo político para o país".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019