CRTVG

Buscar

O PSdeG elexirá o 27 de xullo a nova executiva de Lugo

Publicado o 01/07/2019 14:17

O 27 de xullo é a data elexida polo PSdeG para o congreso extraordinario no que elexirán a nova executiva provincial en Lugo.
Un congreso que chega logo da dimisión de Álvaro Santos por discrepancias co secretario xeral dos socialistas galegos. Gonzalo Caballero reuníase hai días en Lugo con membros da xestora e outros cargos do partido. O obxectivo, buscar un candidato de consenso, en principio alleo ao equipo co que o monfortino José Tomé vai aspirar a dirixir a Deputación. O prazo para presentar candidaturas remata o vindeiro mércores.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019