CRTVG

Buscar

O PSdeG di que está convencido de que pode haber un cambio de goberno e fai un chamamento aos indecisos

Publicado o 25/06/2020 15:19

Nas filas socialistas houbo esta mañá xuntanza do candidato á presidencia da Xunta cos cabeza de lista polas catro provincias.

Gonzalo Caballero asegurou que están preparados para esta campaña que comeza esta mesma noite. Di estar convencido de que pode haber un cambio de goberno e fai un chamamento aos indecisos, que cre que son moitos: "O 50% dos electores din que van decidir o seu voto ao longo da campaña electoral e o 35% dos electores din que van decidir o seu voto na última semana da campaña electoral".

 

 

 

Noticias web

25/06/2020