O PSdeG de Pontevedra denuncia a Ence por supostos delitos ambientais
Publicado o 08/03/2021 16:45

O PSdeG de Pontevedra denuncia a Ence ante a Fiscalía. Os socialistas queren que o Ministerio Fiscal investigue a empresa por supostos delitos ambientais, contra a saúde das persoas e tamén por ameazas.
Esta denuncia súmase ás dilixencias abertas pola propia Fiscalía sobre a seguridade en Ence, despois dunhas declaracións do seu presidente falando da posibilidade de que se producira un "susto ambiental" na fábrica. A compañía asegura que o complexo é totalmente seguro.