CRTVG

Buscar

O PSdeG avantaxa o PP en intención de voto en Santiago

Publicado o 09/05/2019 16:58
O PSdeG avantaxa o PP en intención de voto en Santiago

En canto ás cidades Galegas o CIS só ofrece datos de Santiago, onde os socialistas encabezan a sondaxe, aínda que un terzo dos electores aínda están indecisos. Segundo eses resultados, un 15,7 % indica a súa intención de votar pola candidatura de Sánchez Bugallo, mentres que un 14,7 % apoia o PP, o 8,4 % sinala que o fará pola candidatura de Martiño Noriega, a de Compostela Aberta, quen goberna actualmente, e o 3,7 % polo BNG.

Carmena podería seguir gobernando co apoio dos socialistas

Segundo a enquisa realizada polo CIS, Manuela Carmena podería repetir á fronte da alcaldía de Madrid, obtendo o 33,8 por cento dos votos (de 21 a 23 concelleiros). Para gobernar precisaría sumar os apoios do PSOE, a quen a sondaxe lle dá un 18,4% (10-12). O PP sería a segunda forza máis votada na capital, pero pasaría do 34,85% a 23,8% (13-15)Ciudadanos gaña case tres puntos, cun 14,2% (8-9).

En Barcelona, a enquisa do CIS, di que a alcadesa Ada Colau saca unha mínima vantaxe a ERC. Os comúns sacarían ente 10 e 11 concelleiros, cun 23 por cento de votos, e o candidato republicano Ernest Maragall, entre 9 e 11, e un 22,9 por cento de apoios. O terceiro e cuarto lugar sería para o PSC (6-7 concelleiros, agora ten 4) e o PDeCAT (5-7, en 2015 obtivo 10). Ciudadanos obtería entre 5 e 7 (actualmente ten 5); o PP, 2-3, e a CUP, 2. 


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí