CRTVG

Buscar

O PSdeG atribúe a unha campaña do PP as acusacións de que Elena Espinosa ten unha sociedade en Panamá

Publicado o 30/10/2019 15:07

Os socialistas galegos atribúen a unha campaña do PP a información publicada polo xornal OK diario de que a tenenta de alcalde de Vigo, Elena Espinosa, forma parte dunha sociedade rexistrada en Panamá, algo que ela desmentiu.

Gonzalo Caballero di que é unha estratexia orquestrada por sectores conservadores para desvirtuar o debate político, e porque non queren unha maioría progresista no goberno.

Noticias web

30/10/2019