CRTVG

Buscar

O PSdeG arranca o curso político coa presenza da vicepresidenta do Goberno

Publicado o 01/09/2018 21:12

E tamén coa vista posta nas eleccións municipais do próximo ano, o PSdeG celebrou hoxe o Encontro Socialista co que comeza este curso. A vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, participou no acto político e no encontro con militantes para amosarlles aos socialistas galegos o respaldo do goberno central.

A xornada comezaba cun encontro en Santiago con alcaldes, deputados e senadores, onde a vicepresidenta reivindicou o estado de benestar como eixe do programa político do goberno central e insistiu en que a democracia é incompatible coa corrupción.

No acto, o secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, criticou as políticas económicas e sociais de Núñez Feijóo e deu por rematado o escenario de maiorías absolutas da dereita en Galicia.

Tamén o alcalde de Vigo, Abel Caballero, falou de tempo acabado para Feijóo e apostou por demostrarllo xa o ano que vén gañando máis alcaldías.En Oroso, ante máis de 600 simpatizantes os socialistas deixaron inaugurado este novo curso político.

E a crise política de Cataluña foi, nesta xornada de apertura do curso político, un tema central. Desde o goberno, a vicepresidenta, Carmen Calvo, chamou a que todos arrimen o ombreiro e se chegue a pactos a través do diálogo.No PP acusan o goberno de non afrontar os problemas nin evitar os enfrontamentos sociais.

"E cando tantas veces se dixo que non se dialogou, que se deixou Cataluña sen a política e se levou só aos tribunais. Pois aquí está este goberno, facendo un traballo impecable dentro da Constitución e das normas para facer todo o que haxa que facer.

"Unha crispación na rúa que empeza a dar medo. Non podemos pasar dos lazos amarelos aos lazos negros. Non podemos ver como a unha muller lle parten a cara por quitar o lazo amarelo e enriba os mosos teñen instrucións de identificar esa muller e non de identificar esa crispación e ese enfrontamento social."

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/09/2018