CRTVG

Buscar

O PSdeG aproveita as últimas horas de campaña para mobilizar a esquerda do "voto útil"

Publicado o 08/11/2019 15:32

Os socialistas galegos abriron o último día de campaña en Vilagarcía. Ata alí desprazouse o secretario xeral, Gonzalo Caballero, que volveu animar á participación masiva.

O do PSOE á presidencia, Pedro Sánchez, reivindicou o seu labor de Goberno desde a moción de censura. Fixo un chamamento a votar o PSOE o próximo domingo para rematar, di, coa situación de bloqueo e para poder seguir poñendo en marcha reformas progresistas. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019