CRTVG

Buscar

O PSC rexeita a moción de censura contra Torra que propón o PP

Publicado o 16/09/2019 20:44

O Partido Socialista de Cataluña rexeita a moción de censura contra o presidente da Generalitat que hoxe propuxeron os populares daquela comunidade.

O líder do PP catalán, Alejandro Fernández, xustificou a iniciativa para evitar, dixo, o escenario de insurrrección que na súa opinión pode abrirse tras a sentenza do procés.

Os socialistas cataláns desmárcanse da proposta lembrando que a suma dos seus deputados non bastaría para superar a maioría que sustenta a Quim Torra.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/09/2019