O proxecto Nós suporá o maior investivemento da historia na promoción do galego
Publicado o 26/10/2021 17:13
O galego entra no eido dixital a través da intelixencia artificial da man do proxecto Nós. O obxectivo é que a nosa lingua estea presente en ferramentas como asistentes de voz, correctores ou tradutores para afianzar e potenciar o seu uso, tamén entre os máis novos.
Este martes dábase o primeiro paso coa sinatura do convenio entre a USC e a Xunta que están detrás deste proxecto. Para a súa posta en marcha está previsto un orzamento inicial de 15 millóns e medio de euros, financiados a través dos fondos Next Generation.
"É un proxecto estratéxico para Galicia, un proxecto de país, o galego coma lingua cooficial vai estar nos desenvolvementos tecnolóxicos non só do presente senón do futuro", asegurou Román Rodríguez.