CRTVG

Buscar

O proxecto Mar das Illas apréndenos sobre o cultivo do mexillón

Publicado o 29/10/2020 23:08

Antes de navegar cara ás bateas, o Mar Pra, no porto de Vilanova de Arousa, convídanos a familiarizarnos co barco. Un mexilloeiro tradicional, pero adaptado ás innovacións tecnolóxicas e ao traballo sostible.

O tempo e a alerta laranxa no mar respectáronnos. Chegamos ás bateas cun mar calmo na ría de Arousa. Eduardo leva cultivando mexillón toda a vida, hoxe cultiva a arte de explicarnos unha profesión que comeza moito antes, na rocha, cando van á procura da 'mexilla'. Un traballo tan heroico e similar como o dos percebeiros.

Sen elas, recollidas entre decembro e marzo, non habería mexillón nas bateas. Conforme a cría medra hai que separala. É o desdobramento.

Cómpre logo agardar case un ano para extraer o mexillón que atopamos nas nosas lonxas. O que vai para fóra sométese ao reparqueo.

Eduardo anda polas bateas case cos ollos pechados. Cóntanos que dar a coñecer a súa profesión é poñela en valor. Tamén un chamamento para que naza o interese de continuar cunha profesión que a el o apaixona.

E para que se coñeza, para que non se perda, o proxecto Mar das Illas. Viaxe de ida e volta ao traballo dun bateeiro.

Noticias web

29/10/2020