CRTVG

Buscar

O proxecto Life Regenera traballou na Limia para reducir a contaminacion dos ríos da comarca

Publicado o 25/06/2019 12:28

Na comarca da Limia, unha das de máis peso en canto a actividade agropecuaria de Galicia, desenvolvéronse ao longo de tres anos varias accións encamiñadas a reducir a contaminación nos ríos da comarca.

Era o proxecto europeo Life Regenera Limia, en que traballaron desde varias administracións e que se sustentou en varios piares. Entre eles, reducir os fertilizantes que se empregan no cultivo do cereal e da pataca, o control do xurro e tamén na recuperación e mellora das zonas húmidas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019