CRTVG

Buscar

O proxecto galego Q Fashion analiza tóxicos no téxtil e na cosmética

Publicado o 17/01/2019 15:39

Pesticidas, antibióticos, bacterias... son substancias que poderían rematar na roupa ou nos cosméticos que mercamos sen que os propios fabricantes sexan conscientes da súa presenza. Precisamente, para axudalos a detectar e controlar estas substancias prohibidas naceu o proxecto Q Fashion.

Catro empresas tecnolóxicas do país, apoiadas pola USC e a Xunta, lograron desenvolver estes métodos, algúns xa patentados e usados por empresas de todo o mundo. Mesmo crearon un laboratorio móbil para analizar in situ compostos químicos no téxtil.

A iniciativa forma parte do Plan Conecta-Peme, que fomenta a colaboración entre o sector público e o privado en proxectos de innovación.


 

Noticias web

17/01/2019