A Revista FDS
O proxecto Familia Aberta no Convento de San Francisco quere loitar contra a soidade dos maiores
A soidade é un mal do noso tempo, sobre todo entre os maiores. Para paliar esta situación xorden proxectos como Familia Aberta que está a dar os seus primeiros pasos no Convento de San Francisco en Betanzos. E ata alí fomos para coñecer esta iniciativa.
Hora de almorzo no convento de San Francisco en Betanzos.
Margarita é unha das colaboradoras do proxecto Familia Aberta, unha idea do franciscano Padre Lista para mitigar a soidade que afecta cada vez máis persoas na nosa sociedade. Trátase de compartir comidas, tarefas e compañía e ao mesmo tempo devolverlle a vida a edificios eclesiásticos abandonados como o convento de San Francisco, hai dous anos marcharon as últimas monxas que ali quedaban.
No proxecto teñen cabida todos aqueles que se sintan sos e teñan ganas de compartir, tamén simplemente en calidade de colaboradores.
A traballadora social Antía Leira que fai de divulgadorada deste proxecto pola comarca recoñece que non é facil conseguir que a xente se sume a el.
Polo de agora a iniciativa Familia Aberta vai paseniñamente pero os seus promotores agradan que pronto sexa unha realidade consolidada.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí