CRTVG

Buscar

Sanxenxo avanza no proxecto de parcelar a praia de Silgar

Publicado o 07/05/2020 15:40

A imaxe é virtual, pero consegue que nos fagamos unha idea moito mais clara de como funcionaría o proxecto de parcelar praias como a de Silgar. As reaccións a esta campaña foron inmediatas.

De momento, os veciños só se poden achegar para o paseo, pero xa pensan nesta posibilidade de que lle poñan marcos á súa praia. Porque a afluencia ao areal podería acadar só unhas 2.300 persoas. Guste máis ou menos, o proxecto vaise concretando.

Unha idea que estenderá non só por Sanxenxo senón por outro puntos de Galicia e por outros lugares dos 8.000 quilómetros da costa española. De feito, desde concellos como o de Vigo xa avanzaban tamén esta posibilidade de dividir os seus areais en sectores e cuadrículas que garantan a máxima seguridade sanitaria. Sexa como sexa, todo será virtual ata cheguemos á fase 3.

 

Noticias web

07/05/2020

Máis sobre Sanxenxo