CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O proxecto #adoptaunaprenda vende roupa de segunda man con biografía

Publicado o 12/06/2018 21:38




Ademais de aforrar e de reciclar, o factor emocional tamén inflúe á hora de mercar roupa de segunda man. O proxecto vigués 'Adopta unha prenda' acompaña cada peza con cadansúa historia e, por cada venda fan unha doazón, tamén téxtil, a unha ONG.

Hai moitísimos vestidos e despois está este.



Algunhas prendas de roupa teñen un significado especial para as persoas que as levaron. Transmitir ese valor íntimo aos seguintes propietarios dunha cazadora ou dunha chaqueta é o obxectivo do proxeto de moda sostible #adoptaunaprenda, creado pola deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño e en que cada peza se vende acompañada da súa biografía.



Ademais dos factores económico, ambiental e emocional, esta proposta nacida en Vigo ten unha dimensión solidaria, xa que por cada prenda que vende doa outra á ONG Emaús.

Telexornal Serán

12/06/2018