CRTVG

Buscar

O programa Emega da Xunta destina 1,7 millóns para emprendemento feminino

Publicado o 12/02/2020 14:20

O programa Emega, da Secretaría Xeral de Igualdade, destinará este ano 1,7 millóns de euros para iniciativas de emprendemento feminino. Desde a súa posta en marcha, en 2009, a Xunta de Galicia investiu 9 millóns de euros para impulsar 700 proxectos que crearon máis de 1.200 postos de traballo.

O entusiasmo do seu irmán polas motos contaxiou a Lucía, ata centrar nelas a súa vida persoal e profesional. Agora son socios nunha empresa establecida en Tui que personaliza motos con estética retro e confecciona moda sostible.

Aínda non son moi coñecidos en Galicia, pero contan xa con numerosas participacións internacionais en eventos de motor. Porque esta deseñadora gráfica que tamén compite atopou nas dúas rodas a súa felicidade.

A conversión en empresa desta paixón chegoulle da man da liña de axudas do programa de emprendemento feminino Emega, da Secretaría Xeral de Igualdade. A Consellería de Presidencia xa anunciou que volverá convocalas neste 2020 por valor de 1,7 millóns de euros.

Noticias web

12/02/2020