CRTVG

Buscar

O programa 'Cultura no Camiño' da Xunta aumentou este ano un 30 % os seus fondos para promover a oferta cultural galega

Publicado o 28/07/2021 16:32

O programa 'Cultura no Camiño' da Xunta de Galicia aumentou este ano un 30 % os seus fondos para seguir promovendo a oferta cultural galega. Así, adxudícanse 1 millón de euros en subvencións aos concellos para que contraten espectáculos escénicos e musicais ata o 30 de setembro. Este ano participan 163 concellos, nos que se poderán ver máis de 650 actuacións.

O conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, asegurou que con esta iniciativa se contribúe a reforzar a experiencia do Camiño coa nosa música, teatro, danza e maxia.

Noticias web

28/07/2021