CRTVG

Buscar

O profesor de judo detido por abusos non ten licenza

Publicado o 26/06/2019 21:20

O profesor de artes marciais detido por abusos a menores non ten licenza de deportista nin está colexiado como profesor de judo, segundo informou hoxe a Federación balear deste deporte. A detención tivo lugar onte, martes.

O sospeitoso, de 43 anos, está acusado de aproveitar o seu traballo para abusar dos alumnos menores de idade nas localidades de Son Servera e San Llorenç. A investigación da Garda Civil comezou tras recibir denuncias de once posibles vítimas e continúa aberta porque sospeitan que pode haber máis afectados.

 

Noticias web

26/06/2019