CRTVG

Buscar

O profesor canadense William Mckenna, experto en cardioloxía, elixe A Coruña para ampliar as súas investigacións en cardiopatías familiares

Publicado o 02/06/2021 20:20

 O profesor canadense, William Mckenna, unha eminencia en cardioloxía, elixiu A Coruña porque di que aquí, e en Galicia en xeral, as unidades familiares son máis pechadas, no sentido de que son máis homoxéneas xeneticamente

 "Aquí hai unha poboación onde non hai mesturas, é posible e máis fácil atopar os xenes que causan os problemas cardíacos, causan problemas na xente nova a morte súbita nos rapaces", afirma William McKenna.

Precisamente investigar nos antecedentes familiares as posibles causas da morte súbita é o que centrará as súas investigacións ao longo de todo un ano na Coruña, xunto con expertos clínicos e científicos.

 "A maioría dos rapaces non saben que teñen un problema é a morte súbita dun rapaz que o día antes estaba normal, pero en verdade hai cousas para encontrar na familia", di William McKenna.

Entre os seus traballos está a identificación dos principais xenes causantes de miocardiopatías, logro polo que foi recoñecido no Centro Hospitalario Universitario da Coruña.

Noticias web

02/06/2021