O profesor Calvillo: "O atentado non vai cambiar os plans de retirada de Biden"
José Miguel Calvillo, profesor de Relacións Internacionais da Complutense, di que o drobre atentado de Cabul pon de manifesto a rivalidade entre os talibáns e o Estado Islámico, que complica a seguridade na zona.
"Se os talibáns están máis preocupados por facer a xihad dentro de Afganistán, o Estado Islámico ten obxectivos máis globais cun inimigo afastado", explica o profesor.
Calvillo prognostica que en Afganistán comeza un periodo de loita no poder. Mentres, nos Estados Unidos non vai haber cambios na súa política e a saída será o 31 de agosto.
"Non vai haber cambios nos plans de Biden", conclúe. O resto dos estados aceleran as evacuacións, porque non se pode garantir a seguridade no aeroporto.
"Estamos ás portas dunha grave crise humanitaria en Afganistán", advirte o profesor, que descarta un conflito internacional.