CRTVG

Buscar

O produtor José Luis Moreno e o resto de detidos pasan a disposición xudicial

Publicado o 01/07/2021 08:45
O produtor José Luis Moreno e o resto de detidos pasan a disposición xudicial

O produtor José Luis Moreno e os outros 46 detidos na operación Titella comezarán a pasar este xoves a disposición xudicial. Están investigados polos delitos de estafa, branqueo de capitais, pertenza a organización criminal e alzamento de bens. Despois de seren interrogados polo xuíz, a fiscalía deberá decidir se pide algun tipo de medida cautelar ou o ingreso en prisión para os detidos. A operación Titella, que se desenvolveu en varias provincias, permitiu desmantelar unha rede internacional de estafadores que supostamente defraudaron máis de 50 millóns de euros.

Noticias web

01/07/2021