CRTVG

Buscar

O procedemento legal para facer sondaxes como as do pozo de Totalán

Publicado o 17/01/2019 15:21

Os expertos e profesionais dos pozos de barrena falan da circunstancia excepcional que rodea o caso do pequeno Julen. Un suceso que, segundo aseguran, puido evitarse se se cumprise a normativa, que obriga a selar completamente a boca do furado, tanto se o pozo ten auga como se está seco.

Antes de iniciar unha sondaxe para buscar auga, o propietario do terreo debe solicitar os permisos correspondentes, tanto para uso doméstico como industrial. A localización do pozo debe quedar perfectamente sinalizada.

En ningún caso se pode deixar un burato aberto despois da prospección, tanto se a sondaxe foi positiva, é dicir, se se atopou auga, coma se foi negativa.

Un pozo de barrena industrial ten arredor de 40 centímetros de diámetro, un doméstico entre 16 e 25. A posibilidade de que alguén se coe dentro, como o pequeno Julen, é moi escasa.

As perforacións son en vertical. Unha vez rematado o pozo, se é útil, deben reforzarse as paredes cunha tubaxe. 

Noticias web

17/01/2019