CRTVG

Buscar

O problema para comprar ou vender un BIC leva á ruína moitos edificios

Publicado o 16/04/2019 21:26

Elvira é unha das copropietarias dunha vivenda no claustro do mosteiro de Santa María de Montederramo, un complexo monumental catalogado como BIC e datado no século XVI. Aquí viviu de pequena cos seus pais, pero hai oito anos canda seus irmáns decidiu poñer a venda a vivenda que herdaron.

Os cartos da rehabilitación son un problema, pero non o único cando se trata de comprar ou vender este tipo de inmobles. Actualmente hai arredor de cincocentos rexistrados en Galicia. Tamén hai casas señorais, conventos, ou pazos que non están rexistrados, pero si afectados por Patrimonio dalgún xeito.

E apuntan algo máis, que a falta de capacidade económica de moitos propietarios para manter estes edificios acaba por abocalos ao abandono ou á ruína.

Noticias web

16/04/2019