CRTVG

Buscar

O principe Enrique di que está triste polas condicións da renuncia ao seu papel na realeza

Publicado o 20/01/2020 14:55

O príncipe Henrique di que desexaría poder seguir traballando para a familia real británica. Tras o acordo que aparta definitivamente os duques de Sussex do protocolo oficial, o neto da raíña Isabel II di que está triste por chegar a iso, pero que non lle quedou outra opción. 

Esta fin de semana aclarouse, por fin, o papel dos duques. Henrique e Meghan deixarán de traballar para a familia real a partir desta primavera. Pese a renunciar a recibir financiamento público, o desexo do príncipe era manter a representación oficial da Coroa e a que lle dan os nomeamentos militares, pero finalmente o acordo coa Casa Real non admite esa posibilidade.

O principe lamentouno expresamente na primeira comparecencia que tivo tras a publicación do acordo. Foi na cea dunha das asociacións benéficas que preside, unha das tantas funcións que a Casa Real considera privadas e que, polo tanto, os duques de Sussex poderán seguir realizando, pese a perder o tratamento oficial de altezas reais.

O neto de Isabel II dixo que está triste polos termos finais do acordo, reiterou que a decisión da parella de retirarse da primeira liña foi longamente meditada e que o Reino Unido seguirá sendo sempre o seu fogar, pese a que pasarán temporadas no Canadá, onde aspiran a ter, segundo as súas propias palabras, "unha vida máis tranquila".

 

Noticias web

20/01/2020