CRTVG

Buscar

O primeiro ministro tunisiano acepta o seu cesamento e o traspaso pacífico de poderes

Publicado o 26/07/2021 23:30
O primeiro ministro tunisiano acepta o seu cesamento e o traspaso pacífico de poderes

O primeiro ministro tunisiano Hichem Mechichi declarou este luns aceptar a súa destitución, decretada o domingo polo presidente da República, e asegurou estar preparado para o traspaso "pacífico" de poderes a fin de evitar converterse nun elemento "perturbador".

"Comprométome a garantir o traspaso pacífico de poderes á persoa que será designada polo presidente, respectando as tradicións da vida política en Tunisia, e deséxolle éxito ao novo equipo de Goberno", afirmou o exdirixente nunha carta compartida nas redes sociais.

O mandatario Kais Said anunciou onte o cesamento do xefe de Goberno e a suspensión da Asemblea durante 30 días mais a retirada con efecto inmediato da inmunidade parlamentaria de todos os deputados "para recuperar a paz social e salvar o Estado". A maioría de forzas políticas e expertos en dereito cualifican esta decisión de "golpe de Estado".

Noticias web

26/07/2021