CRTVG

Buscar

Santiago comeza o curso universitario con 63 propostas de sanción no primeiro xoves de xolda

Publicado o 10/09/2021 14:17


A pandemia mudou os horarios dos xoves universitarios. As terrazas pechan á 1 e os locais de lecer nocturno ás 3, así que os mozos comezan a xolda antes. As terrazas estaban ateigadas desde ben cedo. Faise difícil conseguir un oco. Daquela, os rapaces buscan alternativas. As chamadas de veciños que se queixan do barullo polas festas nos pisos non cesan durante a noite. Pero en moitas ocasións, cando chegan os axentes as reunións xa se dispersaron.

Os axentes cominaron aos mozos a recolleren o lixo que deixaran no parque e notificáronlles a proposta de sanción. Ademais do labor coercitivo, intentan facer pedagoxía con eles. Ás portas da única discoteca aberta en Santiago prodúcense aglomeracións polo límite de ocupación. As entradas voaron en minutos, pero os rapaces amoréanse agardando algunha oportunidade para acceder.

Para os donos dos locais de lecer nocturno traballar en pandemia faise moi complicado. Tres de cada catro seguen pechados e os poucos que están abertos non cobren a demanda. Moitas veces teñen que pedir axuda policial para desaloxar e cumprir co horario de peche. O primeiro xoves universitario saldouse con 63 propostas de sanción, a maioría por consumo de alcol na rúa e por ruídos en pisos. Tamén tiveron que desaloxar 26 persoas dun local privado.

Noticias web

10/09/2021