CRTVG

Buscar

O primeiro premio da lotaría nacional vendeuse en Santiago

Publicado o 16/11/2019 21:34

Acaban de recibir a chamada de Lotarías e Apostas do Estado: a súa administración foi unha das que despachou o número 78.793, o primeiro premio do sorteo deste sábado.

"Nese momento son emocións, sentimentos encontrados e alegría polo premio, claro. Agardo que sexa xente de aquí, da rúa dos Concheiros, porque realmente é o noso forte, do que vivimos", asegura a loteira, Patricia Díaz Blanco.

Esta tarde colocan os adornos de nadal con especial ilusión. Só levan dous anos á fronte da administración e xa saben de sobra o que é repartir sorte.

"O ano pasado en novembro demos un premio da bonoloto de 98.000 e pico de euros e en decembro dese mesmo ano outro de 73.0000", conta a loteira.

Dotado con 600.000 euros á serie, o 78.793 vendeuse tamén en Xixón, Logroño e Badaxoz. O luns saberán cantos décimos premiados, de 60.000 euros cada un, quedan en Galicia. E despois, volverán ao traballo coa ilusión de poder repartir máis cartos no sorteo especial do Nadal.

Noticias web

16/11/2019