CRTVG

Buscar

O primeiro premio da Lotaría do Neno, íntegro en Barcelona

Publicado o 06/01/2019 12:39

• O 37.142 reparte 200.000 euros por décimo na cidade condal

• En Galicia, restos do segundo na Coruña, Santiago e O Porriño

A chegada dos Reis Magos a Galicia, na TVG

O primeiro premio da Lotaría do Neno, íntegro en Barcelona

A Lotaría do Neno deixou 700 millóns de euros espallados por todo o Estado, a mesma cantidade que na edición pasada.

O primeiro premio, o 37.142, tocou de forma íntegra en Barcelona, na administración 271 'La Sort', que repartiu 200.000 euros por cada décimo. O segundo premio foi para o 61.776, moi repartido por todo o territorio e premiado con 75.000 euros o décimo. O terceiro premio, o 20.148, caeu de forma íntegra en Sabadell e estaba dotado con 25.000 euros por décimo.

En Galicia caeu algún que outro petisco, pero nada importante se o comparamos coa lotaría do 22 de decembro. A Coruña, Santiago e O Porriño recibiron décimos do segundo premio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí