CRTVG

Buscar

Dimite o primeiro ministro italiano con duras críticas a Salvini

Publicado o 20/08/2019 21:21
Dimitiu o primeiro ministro italiano, Giuseppe Conte, días despois de que o seu socio de goberno, o ultradereitista Salvini, retirara o apoio a coalición para forzar eleccións anticipadas.Conte anunciou a súa dimisión esta tarde no Senado, nunha sesión na que criticou duramente a "irresponsabilidade politica" do seu ministro do Interior. O presidente da República ten, agora, a complicada misión de conseguir unha nova maioría de goberno ata o remate da lexislatura. Se non fose posible, Mattarella tería que convocar eleccións anticipadas, tal e como quere Salvini.
 
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí