CRTVG

Buscar

O primeiro gol de Suárez dálle un punto ao Celta

Publicado o 31/08/2019 14:14

O escenario non semellaba propicio para a Reconquista o que tocaba era unha resistencia sen fendas...

A primneira acción ofensiva dos de Lopetegui foi un centro envelenado de Jesús Navas que despexa Rubén, o de Mos vai gañando callo a medida que logra continuidade na portería.

Que, de momento De Jon non é o nove que sempre tivo o Sevilla parece unha obviedade, a xulgar pola cantidade de ocasións que erra neste inicio do campionato o ex do PSV.

Jordán tampouco atinou co seu lanzamento duro desde fóra, o balón vaiselle por pouco...

Reguilón estivo a bo nivel, autopase para deixar atrás a Kevin...pero De Jon seguía sen puntería.

Nolito tampouco tivo a súa noite, tan extramotivado e sobreexcitado como falto de precisión. Tira as mans de Rubén.

O que tivo a súa e non era mala foi Munir, entra sen medo, vai con tod o, de cabeza, en prancha... pero sen éxito.

A segunda metade comezou cun pequeno sobresalto, o peor xa pasara, sen embargo nun despexe de Diego Carlos susto para Rubén... desde 80 metros...salva sobre a liña.

E co Sevilla esgotado e sen munición chega a asociación entre Ever Banega e o Mudo Vázquez...erro na marca de Beltrán, un dos mellores do Celta, 15 centímetros de diferenza entre xogadores e un remate inapelable de Franco ante o que Rubén non pode faccer nada.

O un a cero era o premio a insistencia, chegaba cando mellor estaban os vigueses, que se refixeron cunha xogada marca da casa. O fútbol de salón dos celestes no Pizjuán so durou un minu to. Abondo para sumar un pu nto. Dezasete toques, interveñen oito xogadores, pase de Mina a Denis Suárez e o de Salceda bate a Vaclik de tiro cruzado.

Un tiro, un gol, un punto. Nada máis, nada menos logo dun encontro no que marcaron Suárez e Franco o Celta chega a o parón con catro puntos en pelna transición.
 

Noticias web

31/08/2019